WEBVTT 1 00:00:00.000 --> 00:00:01.999 ¡Computadoras! 2 00:00:02.000 --> 00:00:05.999 Encantáronme desde o día en que puiden permitirme ter unha, 3 00:00:06.000 --> 00:00:08.999 xa ao principio da era das computadoras domésticas modernas, 4 00:00:09.000 --> 00:00:10.999 nos anos 80. 5 00:00:11.000 --> 00:00:13.999 E tiven un gran número de tipos diferentes de computadora 6 00:00:14.000 --> 00:00:16.999 e expresei publicamente a miña lealdade a este tipo, ou aquel tipo... 7 00:00:17.000 --> 00:00:23.999 Pero, recentemente, a miña mente cambiou, como a de moita xente, cara a este fenómeno do software libre. 8 00:00:24.000 --> 00:00:25.999 E hai moita confusión acerca do que isto significa, 9 00:00:26.000 --> 00:00:27.999 e gustaríame axudar a aclaralo, 10 00:00:28.000 --> 00:00:30.999 porque este é un ano de celebración, 11 00:00:31.000 --> 00:00:33.999 e quero axudar a celebralo entre todos, 12 00:00:34.000 --> 00:00:35.999 e a mirar cara ao futuro do software libre. 13 00:00:37.000 --> 00:00:38.999 Se tes, non sei, 14 00:00:39.000 --> 00:00:40.999 canos na túa casa, 15 00:00:41.000 --> 00:00:42.999 é posible que non comprendas o seu funcionamento 16 00:00:43.000 --> 00:00:44.999 pero poida que coñezas a alguén que si o comprenda... 17 00:00:45.000 --> 00:00:46.999 E esta persoa podería suxerirche un cambio nun cano por aquí, 18 00:00:47.000 --> 00:00:50.999 unha billa por alá, unha válvula noutra parte... 19 00:00:51.000 --> 00:00:52.999 E non estarías infrinxindo a lei por facelo, non é? 20 00:00:53.000 --> 00:00:54.999 Porque é a túa casa e es o propietario dos canos... 21 00:00:55.000 --> 00:00:56.999 Non podes facer iso coa túa computadora... 22 00:00:57.000 --> 00:00:59.999 Non podes, en realidade, facer ningunha bricolaxe co teu sistema operativo... 23 00:01:00.000 --> 00:01:03.999 E certamente non podes compartir ningunha das ideas que teñas 24 00:01:04.000 --> 00:01:06.999 acerca do teu sistema operativo con outras persoas, 25 00:01:07.000 --> 00:01:11.999 porque Apple e Microsoft, que posúen os dous sistemas operativos máis populares, 26 00:01:12.000 --> 00:01:14.999 son moi firmes na idea de que eles son os propietarios, 27 00:01:15.000 --> 00:01:17.999 e de que ningunha outra persoa pode tocalo. 28 00:01:18.000 --> 00:01:19.999 Isto pode parecerche natural; 29 00:01:20.000 --> 00:01:21.999 "Por que non debe ser así?" 30 00:01:22.000 --> 00:01:23.999 Pero, en realidade, por que non podes facer o que queiras con iso? 31 00:01:24.000 --> 00:01:31.999 E por que non pode a comunidade, en xeral, modificar, mellorar e compartir? 32 00:01:32.000 --> 00:01:33.999 Así é como funciona a ciencia, ao fin e ao cabo... 33 00:01:34.000 --> 00:01:35.999 Todo o coñecemento é libre... 34 00:01:36.000 --> 00:01:37.999 E na boa ciencia compártese todo o coñecemento. 35 00:01:38.000 --> 00:01:39.999 Se non, é mala ciencia, 36 00:01:40.000 --> 00:01:42.999 e é unha forma de tiranía. 37 00:01:43.000 --> 00:01:44.999 E así é como todo isto comezou, 38 00:01:45.000 --> 00:01:46.999 cun home chamado Richard Stallman. 39 00:01:47.000 --> 00:01:49.999 Decidiu, hai vinte e cinco anos... case se cumpren nesta data... 40 00:01:50.000 --> 00:01:53.999 decidiu escribir un novo sistema operativo completo desde cero. 41 00:01:54.000 --> 00:01:59.999 Chamouno GNU, que significa "GNU non é Unix" 42 00:02:00.000 --> 00:02:01.999 porque non o é. 43 00:02:02.000 --> 00:02:04.999 É similar a Unix, en moitos sentidos, 44 00:02:05.000 --> 00:02:10.999 pero cada elemento, cada... cada módulo, cada pequena sección do código 45 00:02:11.000 --> 00:02:13.999 (e é un código enorme porque ha funcionar en moitas moitas plataformas) 46 00:02:14.000 --> 00:02:19.999 está desenvolvido pola comunidade, polos programadores, 47 00:02:20.000 --> 00:02:25.999 que están invitados á comunidade GNU para axudar a mellorar o software. 48 00:02:26.000 --> 00:02:31.999 Cada "distro", como se lles chama, cada distribución de GNU, 49 00:02:32.000 --> 00:02:34.999 compróbase, trabállase sobre ela e refínase 50 00:02:35.000 --> 00:02:39.999 e fano persoas cuxo único interese é crear o sistema operativo perfecto 51 00:02:40.000 --> 00:02:45.999 que poida utilizarse en todo o espectro de plataformas por tantos usuarios como sexa posible. 52 00:02:47.000 --> 00:02:53.999 Entón chegou un momento no que foi necesario escribir o cerne (the kernel), a parte central do sistema operativo... 53 00:02:55.000 --> 00:02:56.999 E un home chamado Linus Torvalds, 54 00:02:57.000 --> 00:02:58.999 do que talvez oístes falar, escribiu o cerne (kernel) 55 00:03:00.000 --> 00:03:01.999 Chamoulle Linux (pronuncia británica), 56 00:03:03.000 --> 00:03:04.999 ou Linux (pronuncia americana), tal como o pronuncian algunhas persoas. 57 00:03:07.000 --> 00:03:08.999 E Linux é o Cerne (Kernel) que se executa dentro de GNU 58 00:03:11.000 --> 00:03:12.999 E estou aquí 59 00:03:14.000 --> 00:03:19.999 simplemente para recordarche que GNU e Linux son os dous alicerces xemelgos da comunidade do software libre 60 00:03:20.000 --> 00:03:21.999 persoas que cren, e esta é a parte importante, 61 00:03:24.000 --> 00:03:25.999 que os programas informáticos deben ser libres 62 00:03:26.000 --> 00:03:27.999 e que debería permitirse á comunidade de usuarios que os adapten, 63 00:03:28.000 --> 00:03:35.999 que os adopten, que os modifiquen, que os melloren, que distribúan esas melloras entre a comunidade, 64 00:03:36.000 --> 00:03:37.999 como na ciencia. 65 00:03:38.000 --> 00:03:39.999 Esto é básicamente o que quero dicer. 66 00:03:40.000 --> 00:03:42.999 Do mesmo xeito que os bos científicos comparten todo e todo o coñecemento é aberto e libre, 67 00:03:43.000 --> 00:03:44.999 o mesmo debería suceder cun sistema operativo. 68 00:03:46.000 --> 00:03:47.999 Así que se apoias a GNU, 69 00:03:48.000 --> 00:03:50.999 se apoias a Linux, e á Fundación do Software Libre, 70 00:03:52.000 --> 00:03:55.999 "entón, que podo facer?" preguntaraste probablemente... 71 00:03:56.000 --> 00:04:00.999 O máis obvio que podes facer é utilizar un sistema operativo GNU/Linux na túa computadora. 72 00:04:01.000 --> 00:04:02.999 É moito máis fácil do que puideses pensar! 73 00:04:03.000 --> 00:04:06.999 Visita o sitio web gnu.org e busca unha distribución que che conveña que che guste. 74 00:04:07.000 --> 00:04:09.999 Probablemente, se che gusta dispor dunha boa contorna gráfica, 75 00:04:10.000 --> 00:04:13.999 algo como g-New-Sense, gNewSense. 76 00:04:14.000 --> 00:04:16.999 Atoparalo en gnu.org. 77 00:04:17.000 --> 00:04:18.999 Ou, se es alguén con moitos máis coñecementos, 78 00:04:19.000 --> 00:04:20.999 quizá queiras facer os teus propios programas. 79 00:04:21.000 --> 00:04:22.999 Quizá queiras contribuír á suma de coñecemento 80 00:04:23.000 --> 00:04:25.999 que fai de GNU e Linux o que son. 81 00:04:26.000 --> 00:04:27.999 En calquera caso, 82 00:04:28.000 --> 00:04:29.999 Espero que te unas a min 83 00:04:30.000 --> 00:04:32.999 en desexar a GNU un moi feliz 25 aniversario. 84 00:04:33.000 --> 00:04:34.999 Fagámolo agora. 85 00:04:38.000 --> 00:04:39.999 Feliz aniversario, GNU! 86 00:04:40.000 --> 00:04:41.999 25 anos. 87 00:04:42.000 --> 00:04:43.999 O sistema operativo do futuro 88 00:04:44.000 --> 00:04:45.999 Pola LIBERDADE! 89 00:04:53.000 --> 00:04:54.999 ¡Ñam, realmente bo! 90 00:04:55.000 --> 00:04:56.999 O sistema operativo máis saboroso do mundo... 91 00:04:57.000 --> 00:04:58.999 e é completamente libre. 92 00:05:06.000 --> 00:05:09.999 Tradución: M. Meixide Corrixido por: X.Crego 93 00:05:10.000 --> 00:07:09.999 www.bagonix.net www.GALPon.org www.GLUG.es www.mancomun.org www.GNU.org www.FSF.org